Proxecto Polarys: Coñece Polarys

O principal obxectivo do proxecto POLARYS é incrementar a seguridade marítima e a eficiencia na xestión da navegación e as emerxencias, mediante o desenrolo dun novo transceptor VDES (VHF Data Exchange System) e os seus sistemas complementarios. Este sistema permite o intercambio de información relacionada coa seguridade marítima entre embarcacións e entre estas e as infraestruturas terrestres/satelitais.

No ámbito do proxecto POLARYS desenvólvese unha aplicación de vixilancia marítima e asistencia á navegación á que se dará soporte mediante a tecnoloxía VDES. Toda a información estará dispoñible en tempo real a través dunha aplicación GIS‑3D (Sistema de Información Xeográfica Tridimensional) concibida para ser utilizada tanto en postos de mando e control como en plataformas móbiles que conten con receptores AIS/VDES. Adicionalmente, a plataforma permitirá a integración de diferentes sensores e alarmas relacionadas coa seguridade marítima e física das embarcacións, proporcionando así un sistema de seguridade integral a bordo compatible con VDES.

As principais tarefas do proxecto son as seguintes:

  • Estudo e desenrolo do estándar VDES e a súa aplicación no ámbito do proxecto.
  • Estudo das contribucións e as melloras que aporta o desenvolvemento e implantación de VDES sobre o sistema AIS.
  • Desenvolvemento dunha unidade UAV (Unmanned Aerial Vehicle) de rápida resposta que dote ao sistema de maior información procedente de sistemas embarcados (fotografías, análise de video, sensores meteorolóxicos, infravermellos e visión nocturna).
  • Desenrolo dun software GIS‑3D de alto rendemento, robustez e eficiencia, e con representación multicapa (Cartografía vectorial, información meteorolóxica, AIS, VDES, UAV).

O proxecto POLARYS estase desenvolvendo por un consorcio liderado por Retevisión (grupo Cellnex) que conta coa participación das empresas Bastet, Egatel, Insitu e Scio e os centros tecnolóxicos Cinae e Gradiant. Ten unha duración prevista de 3 anos (2016-2018) e conta co apoio e financiamento do CDTI (Centro para el Desarrollo Tecnológico e Industrial) a través do programa FEDER‑INNTERCONECTA-2016 (EXP 00091271 / ITC-20161120).

Share this...
Email this to someone
email
Tweet about this on Twitter
Twitter