¿Quen somos?

Retevisión pertence ao grupo Cellnex,  principal operador independente europeo de infraestruturas de telecomunicacións inalámbricas, con unha carteira total de máis de 45.000 emprazamentos, incluíndo os nodos DAS (sistemas distribuídos de antena) xestionados por CommsCon e os activos na fase de integración en Francia.

O negocio de Cellnex estrutúrase en torno a tres áreas: servizos de infraestruturas de telecomunicacións, redes de difusión audiovisual, e servizos de redes de seguridade e emerxencia e solucións para a xestión intelixente de infraestruturas e servizos urbanos (smart cities e o “Internet de las Cosas” (IoT).

 

Egatel é unha empresa especializada no desenvolvemento e fabricación de sistemas de transmisión de TV e comunicacións vía satélite. Os produtos para a radiodifusión de TV inclúen transmisores e reemisores de todas as potencias de RF para os principais estándares de TV Dixital Terrestre. No sector satCOM, a liña de produtos céntrase no desenvolvemento de terminais satélite que permiten ofrecer servizos interactivos vía satélite como a IoT, M2M ou TV conectada.

A compañía está integrada na Área de Servizos e Tecnoloxía de COMSA Corporación, grupo referente no sector das infraestruturas e a enxeñaría a nivel mundial.

 

Somos un gran equipo, novo, educado, serio, fiable e multidisciplinar, de maneira que todos aportamos, pensando, planificando e deseñando a mellor opción que se adapte a cubrir as necesidades dos nosos clientes.

Ilusionámonos con todos e cada un dos proxectos, dando o mellor en cada un deles. Realizamos mantemento dos nosos drones, facemos miles de quilómetros viaxando co noso equipo Mobile Mapping, documentamos grandes infraestruturas e edificacións e integramos grandes volumes de datos xeorreferenciados obtidos por estas e outras novas tecnoloxías dispoñibles na empresa.

 

O obxectivo de Bastet Seguridad Tecnológica, desde o seu nacemento, é buscar a suma perfecta entre a Seguridade e a Tecnoloxía. Entre os nosos obxectivos está mellorar día a día a nosa capacidade de innovar para o noso cliente, de forma que sempre encontremos a solución perfecta e adaptada a cada sector.

Bastet Ingeniería está formada por profesionais con gran experiencia no deseño, desenvolvemento, instalación e mantemento de Solucións de Videovixilancia, Seguridade Integral e Integración de Sistemas.

 

 
 

SCIO Innovation Technologies é unha enxeñaría especializada no sector TIC e orientada a I+D+i dende fai máis de 10 anos. O noso principal elemento diferenciador é o enfoque humano dos nosos produtos e solucións.

Traballamos pensando nas persoas, xa sexan dun colectivo desfavorecido ou dun sector con unha problemática concreta. Actualmente somos unha das pymes españolas que máis inviste en I+D+i, e contamos con varias patentes nacionais, europeas e internacionais.

 

Gradiant é unha fundación privada sen ánimo de lucro que ten como obxectivo mellorar a competitividade das empresas mediante a transferencia de coñecemento  e tecnoloxías nos ámbitos da conectividade, intelixencia e seguridade. Con 101 profesionais e 11 patentes rexistradas, Gradiant  desenvolveu 249 proxectos diferentes de I+D+i, converténdose nun dos principais motores da innovación en Galicia.

Tras dez anos de actividade, Gradiant sitúase como socio tecnolóxico da industria orientado a súas necesidades na ámbito das TIC, aportando a súa experiencia nacional e internacional en tecnoloxías para a seguridade e a privacidade; o procesado de sinais multimedia; internet das cousas; a biometría e analítica de datos e os sistemas de comunicacións avanzadas.

 

A Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia (CINAE) é unha fundación privada de interese galego sen ánimo de lucro. Foi fundada o 17 de novembro de 2015 pola Universidade de Vigo, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, a Asociación Consorcio Aeronáutico Galego (CAG), AIRBUS Defence and Space S.A. Sociedad Unipersonal, a Unión de Empresas Galegas de Aeronáutica S.L. e Industrias Delta Vigo S.L.

O obxectivo principal de CINAE é contribuír o fortalecemento, potenciación, crecemento e mellora da competitividade na industria das tecnoloxías aeroespaciais de Galicia mediante o logro da excelencia na investigación e o desenvolvemento tecnolóxico. De maneira prioritaria, este obxecto concrétase na construción, dotación de recursos, posta en marcha e xestión do Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia.

 

Coa colaboración de Hisdesat Servicios Estratégicos S.A.

Hisdesat nace no 2001 como operador de servizos gubernamentais por satélite para actuar fundamentalmente nas áreas de defensa, seguridade, intelixencia e asuntos exteriores.

Dende o ano 2005 proporcionamos servizos de comunicacións seguras por satélite na Banda X/Ka a organismos gubernamentais de distintos países e na actualidade estamos a desenvolver novas constelacións de satélites de observación da Terra e de información do tráfico marítimo por satélite (AIS), isto último como socio maioritario da empresa canadense ExactEarth.

Share this...
Email this to someone
email
Tweet about this on Twitter
Twitter